A alcaldesa, Eva García de la Torre, vén de amosar a súa sorpresa pola anunciada visita, este xoves, ao Porriño do vicepresidente da Xunta de Galicia a O Porriño para asistir á presentación da ‘X Festa do Cabrito o Espeto de Chenlo’.
García de la Torre confesase estupefacta polo feito de que Alfonso Rueda viaxe con este motivo a O Porriño e non o fixese nos últimos tres anos para apoiar a retirada do paso a nivel do centro da vila; interesarse pola contaminación por lindano no barrio do Contrasto, en Torneiros; para aclarar porqué nos pasados 8 anos o Goberno de Galicia, do cal é vicepresidente, non acometeu a construción dun novo centro de saúde, ou aumentou o seu persoal , empezando por un pediatra, ou para anunciar que a Xunta de Galicia construirá outra gardería no Porriño, o segundo concello de Galicia e primeiro da provincia, en nacemento de nenos, e explicar ás nais e pais do Porriño porque sí decidiu abrir unha nova en Mos, á que vense na obriga de desprazarse coas súas cativas e cativos.
Eva García de la Torre da a benvida ao vicepresidente da Xunta e arela que esta visita ao Porriño teña continuidade con outras nas que se traten co Goberno local os temas anteriores e que, unha vez máis, non sexa so para aproveitar e facerse a foto co presidente local do seu partido, o Partido Popular, Manuel Alejando Lorenzo, que tamén é o alcalde pedáneo de Chenlo e que, tamén isto causa asombro: este ano invita, por primeira vez á alcaldesa do Porriño á presentación desta festa á que o Concello contribuíu máis que nunca estes tres anos pasados.