A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, e a concelleira de Festexos, Soledad Girón, presentaron este venres a ‘Porrigalia 2018’, a 5ª edición desta festa que ‘tomará’ O Porriño entre os días 20 e 22 xullo e que terá coma grandes citas os concertos de ‘Mojinos Escozíos’, o venres, día 20, e de ‘Ses’ o 21 que, coma salientou a alcaldesa toca en Porrigalia grazas á contribución da Deputación de Pontevedra, que asume o seu caché.
Soledad Girón indicou que Porrigalia mantén o seu carácter de celebración aberta a todas as idades e, neste sendo, a súa programación está pensada para que as veciñas e veciños poidan gozar da mesma nas rúas,con actividades nas que pode participar toda a familia.
Venres, día 20
A festa empezará ás 9 da noite do venres co ‘Desfile da Garda Pretoriana’, entre San Sebastián e o Concello, diante do cal será o aceso do pebeteiro, que este ano fará a atleta porriñesa Carla Guisande.
De seguido, chegará o momento da ‘Animación’ por parte dos ‘Gardas de Ent’, xusto antes da actuación de ‘Mojinos Escozíos’ na rúa Domingo Bueno (22:30h.).
Sábado, día 21
O sábado 21, empezará coa ‘Animación na rúa’, ás 11 da mañá na Praza de Antonio Palacios, seguida da Exhibición de Cetrería, unha proposta que recupérase nesta edición de Porrigalia e, de novo, o Desfile da Garda Pretoriana’. Xa pola tarde-ás 6- será o momento da ‘Exhibición de loitas e xogos’, diante do Concello, ao tempo que ábrese, ata as 9 da noite, fronte á Igrexa de Santa María, ‘Pekegalia e Bebegalia.
A tarde seguirá coa Exhibición de Cetrería, a actuación pola rúa de ‘Festicultores Troupe’, dende as 8, e ás 10 e media, no escenario de Domingo Bueno, a actuación de ‘Ses’.
Domingo, 22
O domingo, día 22, ao mediodía, Pablo Trasno empezará animando o día na Praza de Antonio Palacios; de seguido unha nova Exhibición de Cetrería, antes da Butukada e a Charanga polas rúas da vila.
Ás 6 da tarde, diante do Concello, ‘Exhibición de loitas e xogos’ e as ‘Finais dos xogos’-tiro de corda, traga-bolas, carreira de ovos, tres en raia, canastra, puntería, tiro de menhir e serpe de globos-; de novo, ‘Exhibición de cetrería’, ás 7 e media, Animación e, ás 10 da noite, na Praza de Antonio Palacios, Espectáculo de Clausura e Lume, da man de Deabru Beltzak, con ‘Les tambors de Feu.
A concelleira de Festexos, subliñou que ‘Porrigalia 2018’, aposta tamén por ‘Obradoiros participativos’, aos que pode sumarse todo o mundo, e que teñen coma obxectivo o entretemento, este ano serán de pedra, petroglifos, forxa, cestería, cerámica coiro e madeira.