Dende á Concellería de Mocidade (OMIX) do Concello do Porriño en colaboración ca Deputación Provincial de Pontevedra, está previsto poñer en marcha o programa ‘Tecendo Lazos’.
A través dun obradoiro interxeracional, o obxectivo é contribuir á difusión da tradición oral e musical galega poñendo en contacto as distintas xeracións para favorecer as relacións individuais, familiares, comunitarias e sociais entre das persoas participantes.
As familias/participantes compartiran os bailes e as cancións típicas da súa zona traéndoas así á actualidade, para promover o intercambio das diferentes versións de cancións populares (música e letra) que coñece cada familia.
O programa consiste na oferta dun obradoiro, concedido pola Deputación Provincial de Pontevedra para persoas do noso concello e alrededores , con idades comprendidas entre os 10 e os 99 anos (ambas incluídas). O obradoiro deberá contar cun mínimo de 10 persoas participantes e cun máximo de 30.
Terá unha duración de 16 horas das cales 14 horas serían un módulo espécifico e ás 2 restantes outro transversal: A historia do meu concello .Dito obradorio levaráse a cabo no Edificio Sociocomunitario do Porriño.
O obradoiro ten por título ‘O noso son: bailes e cancións de agora e de sempre.Canta-Avoas’, empezará o vindeiro 3 de novembro e rematará o día 29 do mesmo mes. Impartirase os días 3,8,10,15,17,22,24 e 29, mércores e venres, en horario de 7 da tarde a 9 da noite.
A solicitude de praza pode realizarse na OMIX do Concello (no Centro Cultural Municipal), de luns a venres, ata o vindeiro venres, día 27 de outubro, ás 5 da tarde.
Coa solicitude deberá achegarse a seguinte documentación: Fotocopia do DNI; Xustificante de empadroamento e autorización de participación no programa-no caso dos menores de 18 anos-.