A Xunta de Portavoces da corporación municipal do Porriño, co apoio dos representantes do PSOE, UDDL, EUSON, BNG, e NON ADSCRITOS, decidiu esixir á Xunta de Galicia, en concreto á conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, que resolva urxentemente as dificultades de mobilidade xeradas aos veciños coa implantación do novo Plan de Transportes de Galicia.
A Xunta de Portavoces analizou na súa última reunión a eliminación de liñas, de frecuencias e os continuos atrasos na prestación do servizo de transporte público por parte da Xunta, que están a provocar numerosas queixas dos veciños.
Os representantes do PSOE, UDDL, EUSON, BNG, e NON ADSCRITOS esixen en tanto non se estableza un sistema alternativo eficiente de transporte público a recuperación das liñas e frecuencias de autobús eliminadas pola aplicación do novo Plan de Transporte da Xunta. Solicitan ademáis que a consellería de Infraestructuras e Vivenda cumpra o seu compromiso de diálogo cos concellos, para a elaboración dun novo Plan que ruralice o transporte público e fixe poboación con servizos.