O vindeiro domingo, día 10 de setembro, dende as 11 da mañá, organizada pola Comunidade de Montes en Man Común da Parroquia de Santa María do Porriño, ‘Festa da Risca’.
A mesma contará coas actuacións do ‘Grupo Brisas’, de Tomiño, e o ‘Grupo de Gaitas San Xurxo’, de Mosende. Ademáis, haberá unha pulpeira e xogos e animacións para nenos e maiores.