Preto dun cento de persoas asistiron este venres a un ateigado Multicentro de Torneiros no que celebrouse a xornada ‘Recursos para o acceso ao emprego’, organizada pola Concellería de Emprego e Formación, que dirixe Soledad Girón.
De 9 da mañá a 2 da tarde Eduardo Adán, director territorial de Nortempo en Galicia, falou de ‘Intermediarios de Emprego; Alejandro Martínez e Teresa Ventín, conselleiros de Eures, amosaron cómo é ‘Traballar en Europa’; Pablo Búa, titular do ‘blog’ ‘Escenario Laboral’, expuxo aos asistentes qué hai que facer para ‘Mellorar a túa marca persoal na búsqueda de emprego’ e Fernando Clemente, director de ‘Quick Up, desenrolou o tema ‘Máis información, máis emprego’
Ademáis, deles, a concelleira Soledad Girón, xunto con dous técnicos municipais, explicou, polo miúdo, o ‘Programa de Formación Municipal’ e presentou os recursos que ofrece a Concellería de Emprego para a busca de traballo e dos acordos de colaboración coas empresas da contorna para a execución de programas formativos.
O obxectivo: chegar á amosando as diferentes posibilidades e propostas para atopar emprego, conqueriuse e, ao tempo, os asistentes e tiveron a posibilidade de debatir, escoitar e preguntar a axentes institucionais, profesionais e especialistas no mercado laboral que aportaron a súa visión sobre o acceso ao emprego e que puxeron a dispor dos asistentes ferramentas de utilidade para a toma de decisión relacionadas co eido laboral.