Novo taller do punto SmartPeme do Porriño, este luns ás 7 da tarde, “Coma ser eficiente na organización do teu tempo”

“Coma ser eficiente na organización do teu tempo”. Este é o título do taller que organiza o punto SmartPeme do Porriño, o vindeiro luns, día 24, ás 7 da tarde, na súa sede do Multicentro Municipal de Torneiros.

O obxectivo do mesmo é o de expoñer as vantaxes que ten unha eficiente xestión do tempo de cara á mellora da produtividade laboral e, ademais, poñer a dispor dos asistentes as ferramentas axeitadas para a organización do traballo. Entre esas ferramentas están Trelo e TOGGL, coma contador de tempo, ademais doutros xestores de tarefas e proxectos.

As persoas interesadas en asistir a este taller poden mandar un correo electrónico ao enderezo: oporrino.smartpeme@depo.es; chamar ao teléfono 886 20 20 20, ou entrar no portal web www.smartpeme.depo.es.