22 de abril. 2017
|Ás 19:00 h.
Círculo Recreativo e Cultural do Porriño
Aforo limitado
Un espectáculo da compañía Tanxarina.
“Unha peza de teatro social e educativo onde os dereitos dos nenos e dos maiores van máis alá do puramente artístico”
Entendemos que os máis pequenos teñen dereito ao descanso, ao xogo, a realizar actividades propias da súa idade…, pero tamén cremos que teñen dereito a participar plenamente dunha vida cultural e artística, a ser coñecedores do que pasa ao seu redor dunha maneira apropiada e en condicións de igualdade.”
Roberto recibe a noticia de que seu avó vai quedar sen casa. Ante esta inxusta situación o neno ponse en marcha para atopar unha solución e, nesta busca, dispárase un mundo de pequenas e divertidas aventuras protagonizadas polas máis variadas personaxes. Un encontro cómico e poético que desemboca nun final feliz propiciado polo apoio solidario.