• Ciclismo, xinmasia ou bailes deportivos súmanse a competición federada xa habitual no calendario

O Porriño, 10 de abril de 2026. Ás competicións habituais das fins de semana no Porriño, con deporte base e federado seguindo o calendario oficial, sumanse este sábado e este domingo, numerosas citas deportivas de carácter e importancia.

Así, o municipio acolle o XXV Trofeo Concello do Porriño de Baile Deportivo e o Campionato Galego de Standart que empeza xa o sábado e continúa o domingo; o campionato de ximnasia rítmica, o domingo, ou co VI Trofeo do Porriño XCO que se celebrará os sábado 11 de abril, e o IX Trofeo do Concello do Porriño de MiniBTT que se celebrará o domingo 12 no CC A Forna de Budiño. Ademais polo municpio pasará a marcha Utreia: haberá pola mañá avituallamiento, na plaza do Concello e actuación da Brilat as 11:00h.

“Este pobo apoia o deporte e nótase no calendario da fin de semana”, asegura o alcalde que ten previsto acudir a todas as competicións nunha intensa fin de semana tamén chea de citas culturais coa II Mostra da Camelia tamén no municipio.

XXV Trofeo Concello do Porriño de baile deportivo

Hai centenares de participantes de xeito individual e colectivo en diferentes disciplinas: individual, parellas, sincro, caribeños, show dance ou coreográifca, nunha cita que nacía fai xa 25 anos e que está máis que cosolidada no panorama deportivo. Ademais este ano acolle tamén o Campionato Galego de Standart, un evento internacional con máis dun cento de participantes de Portugal.

Ciclismo

Ademais esta fin de semana na fORNA TEMPOS O VI Trofeo do Porriño XCO, que terá lugar o sábado 11 de abril, e para o IX Trofeo do Concello do Porriño de MiniBTT, que se celebrará o domingo 12 de abril, Baixo a organización da A.D. Avanza.

A xornada do sábado 11 estará dedicada ao VI Trofeo do Porriño XCO, con saída prevista para as 15:00 horas e recollida de dorsais dende unha hora antes. A proba conta cun límite de 400 participantes e abrangue un amplo abano de categorías, dende Cadetes ata Máster 60, incluíndo as modalidades Elite e Sub-23, tanto en categoría feminina como masculina.

O domingo 12 será a quenda dos máis novos co IX Trofeo MiniBTT, que poderá acoller ata 500 ciclistas nas categorías Promesa, Principiante, Benxamín e Alevín. Para esta cita, a entrega de dorsais realizarase o propio domingo a partir das 09:00 horas, dándose a primeira saída oficial ás 10:00 horas.

O evento, que conta coa estreita colaboración da Comunidade de Montes e o Concello do Porriño, promete converter a Budiño no epicentro do BTT galego, reafirmando o compromiso da vila coas disciplinas deportivas de base e a promoción da súa contorna natural.