O Concello do Porriño convoca o seu III Concurso de Pintura Rápida: Pintando a Palacios, que terá lugar o día 13 xuño de 2026 no Porriño.
As presentes bases rexerán a participación e concesión de premios para aquelas persoas que se presenten ao concurso Pintando a Palacios.
BASES:
1. PARTICIPANTES
As persoas interesadas poderán participar nas seguintes categorías:
- Adultos/as: persoas nacidas en 2008 ou con
- Mocidade: persoas nacidas entre os anos 2009 e
- Alevín: persoas nacidas entre os anos 2013 e
- Infantil: persoas nacidas entre os anos 2019 e
2. INSCRICIÓNS
As inscricións poderán presentarse de xeito presencial no rexistro xeral do Concello do Porriño (de luns a venres de 9h a 14h) ou de xeito telemático, a través da sede electrónica do Concello do Porriño mediante impreso normalizado que se poderá descargar da web ecultura.net ou solicitalo no Centro Cultural Municipal do Porriño.
Achegarase a seguinte documentación:
- A solicitude de inscrición, que figura como ANEXO I para adulto/a ou ANEXO II menor de idade, debidamente cuberta e asinada.
O prazo de inscrición será dende o día seguinte á publicación das bases no taboleiro de anuncios municipal ata o luns 8 de xuño de 2026 ás 23:59h, ambos os dous incluídos.
3. CARACTERÍSTICAS
TEMA: O Porriño. Centro urbano
TÉCNICA: as persoas participantes poderán empregar a técnica que consideren (óleo acuarela, carbón, lapis etc.) e deberán achegar todo o material necesario para a realización do seu traballo.
TAMAÑO: máximo de 100×100 cm
OBRA: as obras realizaranse ao aire libre o mesmo día do concurso, unha vez seladas e ata as 17:30 h (as obras que sexan entregadas despois desa hora quedarán fóra do concurso).
Procederase ao selado dos soportes das obras de 9:30 h a 11:00 h no salón de plenos do Concello do Porriño, rúa Antonio Palacios nº1, 36400, e non se admitirá a participación daquelas persoas que ás 11:00 h non teñan o soporte selado.
As obras serán realizadas in situ, exclusivamente dentro do recinto da vila, e non se admitirá pintar mediante o emprego de fotografías, temas dixitais ou imaxinarios.
Todas as obras, xa sexan en papel, táboa ou lenzo, se presentarán sen asinar, e procederase á sinatura das obras premiadas tras a decisión do xurado.
As persoas participantes faranse responsables da recollida de calquera residuo que xeren durante o desenvolvemento do concurso.
4. XURADO
O xurado estará constituído por un comité de observación e valoración de premios, nomeado por resolución de Alcaldía, composto por unha serie de membros en número impar.
Este estará composto por distintas persoas vinculadas coas artes plásticas.
-Veredicto do xurado
O veredicto do xurado e a entrega de premios realizaranse o mesmo día do concurso, ás 19:00 h na praza Arquitecto Antonio Palacios.
Emitido o veredicto e realizada a entrega de premios, as obras poderán ser retiradas polos/as autores/as, salvo as premiadas na categoría adultos/as.
-Valoración do xurado
Na valoración do xurado teranse en conta os seguintes criterios:
- Acabado e limpeza do traballo
- Manexo da cor ou da técnica creativa
- Creatividade e orixinalidade
- Composición e mensaxe
5. PREMIOS
Os premios establecidos pola organización son os seguintes:
– PERSOAS ADULTAS:
1º PREMIO: 1.500,00 €
2º PREMIO: 1.000,00 €
3º PREMIO: 500,00 €
– MOCIDADE, ALEVÍN E INFANTIL:
Establécense 3 categorías de acordo coa idade, nas que haberá, para cada unha delas, 1º, 2º e 3º premio, baseados en diferentes lotes de material escolar:
1) Mocidade
- Primeiro premio baseado nun lote de material escolar valorado en 75€
- Segundo premio baseado nun lote de material escolar valorado en 60€
- Terceiro premio baseado nun lote de material escolar valorado en 50€
2) Alevín
- Primeiro premio baseado nun lote de material escolar valorado en 75€
- Segundo premio baseado nun lote de material escolar valorado en 60€
- Terceiro premio baseado nun lote de material escolar valorado en 50€
3) Infantil
- Primeiro premio baseado nun lote de material escolar valorado en 75€
- Segundo premio baseado nun lote de material escolar valorado en 60€
- Terceiro premio baseado nun lote de material escolar valorado en 50€
- Os premios poderán ser declarados desertos se se considera que non alcanzan un nivel artístico mínimo.
- Todos os premios estarán suxeitos á normativa fiscal que proceda aplicar.
- Cada obra optará a un único
- Coa inscrición neste concurso, as persoas beneficiarias dalgún premio, autorizan ao Concello do Porriño a realizar as consultas necesarias nas bases de datos da Axencia Tributaria Estatal, da Seguridade Social e do ORAL, co fin de comprobar que se atopan ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
- Ás persoas que resulten gañadoras na categoría de adultos/as seralles requirida a seguinte documentación:
- Fotocopia do DNI ou
- Certificado orixinal da conta
- Certificado acreditativo de atoparse ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias coa Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA)
6. OBRAS
- As persoas participantes non poderán vender directamente a súa obra ao público durante a celebración do concurso.
- Concello non se fará responsable da perda, roubo ou deterioro da obra.
- As obras premiadas na categoría adultos/as pasarán a ser propiedade do Concello do Porriño.
- O Concello reserva todos os dereitos de publicación e reprodución.
- As persoas gañadoras do 1º premio non poderán volver participar nas dúas seguintes convocatorias.
- A participación no concurso supón a total aceptación destas
7. PUBLICIDADE
As presentes bases serán publicadas no taboleiro de anuncios municipal, na web ecultura.net e nas redes sociais do Concello do Porriño.

