- A reforma deste espazo anexo ten como obxectivo ampliar e reforzar o discurso expositivo con espazo para obras de gran envergadura com o a maqueta de Palacios sobre a cidade de Vigo
- A ampliación da sala permitirá dotar ao conxunto e máis versatilidade permitindo presentacións e conferencias ou eventos de divulgación e promoción do arquitecto porriñés
- Alejandro Lorenzo: “É o espazo que Palacios se merece no Porriño”
O Porriño, 6 de abril de 2026. O Concello do Porriño vén de licitar as obras de ampliación da sala de exposicións Antonio Palacios. Cun orzamento de 90.000 euros e un prazo de execución de tres meses. As obras, que contan cunha subvención da Xunta de Galicia, teñen como obxectivo ampliar e reforzar o discurso expositivo da actual sala dedicada a Antonio Palacios, logo de que coa cesión de novas pezas, planos e proxectos do arquitecto, o arquivo permanente desta sala teña crecido nos últimos meses, “igual que ten crecido a sala, converténdose nun proxecto moito máis ambicioso e o espazo que Palacios se merece no Porriño”, explica o alcalde, Alejandro Lorenzo. Esta ampliación permite garantir tamén a continuidade conceptual, material e narrativa do conxunto.
Novas pezas
O novo espazo permitirá albergar pezas actualmente non expostas por limitacións de superficie, entre elas a gran maqueta de Palacios sobre a cidade de Vigo, unha obra de alto valor documental e simbólico que mostra a súa visión urbana e a súa capacidade para pensar a arquitectura a escala territorial. Xunto a ela, incorporarase unha serie de maquetas adicionais e novas libretas con debuxos orixinais de Palacios, ampliando o percorrido expositivo e ofrecendo unha mirada máis completa do seu proceso creativo.
Haberá ademáis reproduccións en pedra das obras máis senlleiras do arquitecto así como un símil dos seus cuadernos, eses nos que o arquitecto plasmaba os planos das súas obras pero tamén paisaxes e outros debuxos que son auténticas marabillas pictóricas.
Nas columnas da sala, ao longo do percorrido, ergueranse cortes de acabado de obra de diferentes construcción de Antonio Palacios, feitas en diferentes colores de pedra e converténdose nunha pegada máis do arquitecto no entorno. Son obras de gran tamaño que representan tamén a maxestuosidade das súas construccións.
A pedra sen dúbida será a gran protagonista deste novo espazo. Forma parte tamén das vitrinas que compoñen a mostra.
Maior versatilidade da sala
Máis alá do ámbito expositivo, a intervención ten un claro propósito funcional: dotar ao conxunto de maior versatilidade e proxección institucional. Así, o espazo ampliado concíbese como unha contorna dinámica e representativa, capaz de acoller actos institucionais vinculados á arquitectura, o urbanismo e o patrimonio; presentacións e conferencias de carácter profesional ou académico; encontros e colaboracións con entidades culturais, fundacións ou centros educativos, e eventos de divulgación e promoción da obra de Palacios e da arquitectura galega en xeral.
En conxunto, a reforma busca dar cabida a novas pezas, reforzar a proxección institucional do espazo e aumentar a súa flexibilidade de uso, consolidando a sala como un centro activo de difusión cultural e arquitectónica.
A conexión entre o local principal e o novo local, garantirá unha circulación continua e coherente, de modo que o visitante perciba o conxunto como unha exposición unitaria, ampliada e versátil.
Así, acondicionarase un lugar lúgubre para a súa adecuación como sala de exposicións anexa á existente dedicada a Antonio Palacios. O local configurarase como un espazo diáfano, cunha zona elevada onde se exporá a gran maqueta do Plan Palacios para Vigo, e unha zona de acceso que facilitará a conexión coa exposición principal. Executarase un percorrido accesible para garantir a entrada de persoas con mobilidade reducida, de acordo cos criterios da normativa actual de accesibilidade.
