27 de marzo de 2026, O Porriño.- O Concello do Porriño publica as bases do III Concurso de Pintura Rápida: “Pintando a Palacios”, unha cita xa consolidada que convida á veciñanza e a artistas de todas as idades a capturar a esencia do noso municipio a través da arte.
O certame celebrarase o vindeiro 13 de xuño de 2026 e desenvolverase ao aire libre, tendo como temática o centro urbano do Porriño. A iniciativa busca fomentar a creatividade, dinamizar a vida cultural local e poñer en valor o noso patrimonio e espazo público.
As persoas interesadas xa poden consultar toda a información relativa á participación, inscricións, categorías e premios nas bases que se achegan a continuación.
Animamos a toda a cidadanía a participar e a gozar dunha xornada de arte e convivencia nas rúas do Porriño.


