• O prazo de inscripción estará aberto ata o 16 de marzo pero está a piques de chegar ao límite dos 1.500 dorsais
  • Haberá premios para record, podium e tamén carreira de chupetes e pitufos

Porriño 12 de marzo de 2026.– O Porriño volve ser o epicentro do atletismo galego coa celebración da Carreira “O Porriño 10K”, que de novo percorrerá a vila en dúas modalidades: 5K e 10K. Esta cita volve facer do Templete de Antonio Palacios o punto neurálxico deste deporte, xa que alí entregaranse as medallas e os premios, este ano demais cun importe total de record: repartiranse 3.100 € entre os tres primeiros clasificados e tamén ao primeiro atleta masculino e feminino que logre bater o record da proba nas súas respectivas categorías. Este premio consistirá en 500 € e será un recoñecemento destacado ao logro deportivo.

Precisamente neste espazo, no templete, fíxose a presentación oficial dunha proba que, asegura o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, “será de novo un referente no atletismo coa participación confirmada da elite do fondo e medio fondo galego”, coa presenza confirmada na categoría feminina da internacional francesa, afincada en Ponteareas, Alice Finot (R.C. Celta Atletismo), clara candidata á consecución deste record. É campioa de Europa 2024 en 3.000 m obstáculos, onde bateu o record europeo, e foi cuarta na mesma proba nas Olimpíadas de París 2024; tentará acadar no Porriño o record feminino (33’18”). “Vendo o estado de forma no que estivo Finot nos Xogos Olímpicos, onde fixo record de Europa en obstáculos, a marca de 33:18 está claramente ao seu alcance se as condicións meteorolóxicas acompañan”.

Tamén está confirmada Uxía Pérez (OYSHO Running), que acadou podium xa na OP10K 2025.

Ademáis, destacaba o presidente do Club Atletismo Porriño,  Miguel Novo Regueira,  a  presencia nun espléndido estado de forma do etíope, gañador da edición pasada e posuidor do actual récord, Serbessa Workneh Fikire ( Atletismo Narón) Amadeo Aba l(CD. Surco Lucena), Pablo Otero (Bikila), Carlos Porto (Ximnastica Pontevedra),  todos eles en disposición de correr os 10mil por debaixo dos 30′ e que tentarán asaltar o récord da proba (29’09”)

Ambos apremiaban aos deportistas a anotarse canto antes porque aínda que o prazo de inscripción está aberto ata o 16 deste mes de marzo, están moi preto de alcanzar os 1.500 dorsais que será o tope de participantes nesta cita. Hai xa 1.300 inscritos.

A proba

A proba OP10K de 10.000 metros, realizarase xuntamente coa proba  de 5.000 metros no centro urbano do Concello do Porriño.

Inscricións

A inscrición realízanse a través da web de Champion Chip Norte (https://ccnorte.com)

Todas as notificacións realizaranse a través da web de Championchip e da web do Club Atletismo Porriño, sendo responsabilidade do corredor revisar o seu contido para estar ao tanto da proba

Haberá tamén   carreira de pitufos e chupetes, pero neste caso non se require de proceso de inscrición e poderán participar na mesma presentándose na liña de saída á hora estipulada. Estas dúas carreiras non serán cronometradas.

Horarios

  • Chupetes e Pitufos (de 2019 en adiante): Dende as 12:10h (50m – 100m).
  • Menores (Sub10, Sub12, Sub14): A partir das 10:00h (1.000m – 2.000m).
  • 5K (Cadete, Xuvenil e Absoluta): Saída ás 11:00h (1 volta).
  • 10K (Sub23, Absoluta e Veteranos): Saída ás 11:00h (2 voltas).

Premios

Premios por clasificación en categorías masculina e feminina:

Récord da proba: 500€ para o primeiro home e muller que batan a marca.

1º Posto: 500€

2º Posto: 350€

3º Posto: 200€