• Inscrición gratuíta do 9 ao 12 de febreiro, prazas por orde de rexistro

O Porriño, 5 de febreiro de 2026.– O Concello do Porriño organiza un Xantar de Entroido  para persoas maiores de 60 anos, que se celebrará o luns 16 de febreiro, ás 14:00 h, no Centro Sociocomunitario.

As inscricións son gratuítas e poderán realizarse no Concello do Porriño desde o luns 9 de febreiro, a partir das 9:00 h, ata o xoves 12 de febreiro ás 23:59 h. As prazas serán adxudicadas por orde de inscrición, polo que se recomenda realizar a reserva canto antes.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, anima a toda a cidadanía maior de 60 anos a participar neste xantar: “O Xantar de Entroido é unha excelente oportunidade para compartir unha xornada de festa, alegría e convivencia entre veciños e veciñas”.

O rexedor tamén destacou que “estas actividades teñen como obxectivo fomentar a participación e o encontro da nosa cidadanía maior, celebrando a tradición e creando momentos de diversión e amizade”.

O Xantar de Entroido forma parte das iniciativas que organiza o Concello durante estas datas para facer do Entroido unha festa inclusiva, festiva e aberta a todos os públicos.

Para máis información, as persoas interesadas poden contactar co Concello do Porriño a través dos medios habituais de atención ao público.