- O vindeiro luns ábrese o prazo de inscrición para o campamento dirixido á cativada de 3 a 12 anos
- As prazas están limitadas a 50 e outorgaranse por orde de entrada no rexistro presencial ou telemática
O Porriño, 26 de novembro de 2025.- Un ano máis, O Porriño vístese de Nadal cunha proposta pensada para facilitar a conciliación da vida laboral e familiar das familias do municipio. Dende a Concellería de Igualdade ponse en marcha o Campamento de Nadal “Anímate e vén a xogar connosco”, un espazo seguro no que os máis pequenos e pequenas poderán desfrutar destas datas tan especiais a través do xogo e de actividades orientadas a fomentar valores como a cooperación, o respecto, a empatía e a solidariedade.
O campamento desenvolverase os días 22, 23, 26, 29 e 30 de decembro e o 2, 5 e 7 de xaneiro, en horario de 08.30 a 14.30 horas, en instalacións municipais, sendo o punto de entrega e recollida o CEIP Xosé Fernández López. Está dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos e a o número máximo de participantes é de 50, tendo preferencia os empadroados no Porriño.
O prazo de inscrición abrirase o vindeiro luns, 1 de decembro, ás 09.00 horas e pecharase o día 8 de decembro, tamén ás 09.00 horas. As familias interesadas deberán cubrir o modelo oficial de solicitude, dispoñible na web do Concello ou no Rexistro, e presentalo xunto coa documentación requirida, de xeito presencial ou de maneira telemática a través da sede electrónica. As prazas outorgaranse por rigoroso orde de inscrición.

