- Este novo departamento disporá de persoal municipal propio e centralizará todos os esforzos en dar resposta e avanzar na realización de pequenas e puntuais actuacións
- A folla de ruta coa que traballa o goberno local cuantifica, a día de hoxe, en preto de 12 millóns de euros as obras pendentes de partida orzamentaria
O Porriño, 25 de agosto de 2025.- A elaboración de todos os proxectos para completar a rede de saneamento do Porriño foi o primeiro dos pasos que levou a cabo o alcalde Alejandro Lorenzo fai tres anos e medio cando accedeu ao goberno municipal. “Desde o inicio do noso mandato, as obras de saneamento foron unha prioridade absoluta e a redacción destes proxectos foi o punto de partida da nosa folla de ruta”, asegura o rexedor. Levouse a cabo un esforzo económico e organizativo sen precedentes, “dispoñíamos unicamente dun plan técnico no que non estaban delimitadas as contías de cada unha das obras a levar a cabo, de aí esa inversión de preto de 600.000 euros para elaborar cada un deses proxectos e así identificar e valorar economicamente todas e cada unha das necesidades, para consecuentemente solicitar os informes sectoriais precisos e tramitar as autorizacións dos veciños pola cesión dos terreos, non deixando ningún detalle atrás”.
Neste tres anos e medio de goberno “realizouse unha inversión histórica en materia de saneamento, cun total de 4.654.806 euros en obras, o que representa un verdadeiro avance se o comparamos co período previo, de 2015 a 2021, no que se investiron 1,9 millóns”, remarca o alcalde. As cifras falan por si soas, dende o ano 2022 executáronse unha vintena de obras; actualmente están outras dúas en execución, unha na Gulpilleira e outra na Travesía de Novás, na parroquia de Atios, que suman un importe de preto de 400.000 euros e están pendentes de licitación actuacións por valor de máis de 1,1 millón euros.
“Traballamos a diario para avanzar na nosa folla de ruta. Somos plenamente conscientes de que o saneamento é unha prioridade para moitos dos nosos veciños e veciñas, pero tamén debemos lembrar que se trata dun servizo cunha altísima complexidade técnica e cun custo económico moi elevado”. Por este motivo, a súa execución ten que facerse de maneira progresiva, segundo a dispoñibilidade orzamentaria. “O Concello non conta cunha partida económica nin cos medios suficientes para asumir en solitario o financiamento destas infraestruturas, polo que é imprescindible buscar colaboración noutras administracións, como a Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra ou o Consorcio Augas do Louro. Gracias a ese apoio e ao esforzo do equipo de goberno temos conseguido mobilizar investimentos históricos nestes últimos anos e seguiremos traballando con rigor e responsabilidade para dar resposta ás demandas de toda a veciñanza”.
Nova Concellería de Saneamento
Para atender e centralizar todas estas necesidades, sobre todo aquelas pequenas actuacións que dan resposta a demandas particulares, dende o Concello valorouse a creación dunha concellería específica nesta materia. Con todos os proxectos xa redactados, obras realizadas, en execución e pendentes de licitación, súmase a próxima incorporación de sete operarios de obras e servizos, incluídos no cadro de persoal do Concello. “Disporemos de traballadores municipais que dependerán desta nova concellería para, sobre todo, facer estas acometidas pequenas e puntuais e ir completando así toda a rede de saneamento, combinando grandes e pequenas obras”.
A día de hoxe, partindo dos máis de 16 millóns pendentes inicialmente, tendo en conta a actualización de prezos, o xa executado, o que se está a realizar e máis o pendente de licitar, a cifra total de inversión que resta para acadar o cen por cen do saneamento elévase a 11.899.632,68 euros.
“Este goberno local ten claro que o acceso a un saneamento digno é un dereito fundamental, non unha opción. Por iso, investiranse eses case 12 millóns de euros que aínda son necesarios para completar a cobertura en todas as parroquias. Con máis medios propios, un equipo reforzado e unha colaboración activa coas administracións supramunicipais, o Concello está decidido a cumprir este obxectivo con determinación e sen demoras. O saneamento completo é un compromiso firme, innegociable e prioritario”, conclúe Alejandro Lorenzo.
A continuación especifícase cada un dos proxectos de saneamento pendentes de partida orzamentaria en tódalas parroquias e o seu custo
Denominación | Coste | ||
PROXECTO DE SANEAMENTO EN OS EIDOS-CANS | 128.304,07 € | ||
SANEAMENTO EN A DEVESA – FOLÓN | 612.174,38 € | ||
SANEAMENTO EN A SÉ E QUINTENLA | 779.427,74 € | ||
SANEAMENTO EN CENTEÁNS | 688.636,14 € | ||
SANEAMENTO EN LOÑO – CASAL DO VELLO | 415.105,43 € | ||
SANEAMENTO EN BARBEITO, MADORRAS – IGLESIA, MOSENDE | 612.474,12 € | ||
SANEAMENTO EN A TORRE E OS EIDOS | 458.720,52 € | ||
SANEAMENTO EN PONTENOVA | 40.136,86 € | ||
SANEAMENTO EN A CANTOÑA – POUSADELA | 559.891,36 € | ||
SANEAMENTO EN TRAPA – FASE 2 | 141.695,50 € | ||
SANEAMENTO EN A GULPILLEIRA | 105.833,13 € | ||
SANEAMENTO EN OS EIDOS, O POMBAL E A ESCUSA | 473.763,47 € | ||
SANEAMENTO EN O POMARIÑO | 78.556,19 € | ||
SANEAMENTO EN O SARAMAGAL | 212.900,00 € | ||
SANEAMENTO EN A COCHILRA – CADAVAL | 145.272,58 € | ||
SANEAMENTO EN O MONTE | 433.992,06 € | ||
SANEAMENTO EN A LOURIÑA | 197.332,50 € | ||
SANEAMENTO EN SANGUÍO | 334.645,27 € | ||
SANEAMENTO EN POXEIRA | 193.759,67 € | ||
SANEAMENTO EN ACCESO A SAN BLAS | 421.231,75 € | ||
SANEAMENTO EN O CASAL – FASE 2 | 130.629,35 € | ||
SANEAMENTO EN CANADELO – FILGUEIRAS | 502.822,13 € | ||
SANEAMENTO EN MADORRAS-CAVADIÑA | 398.913,42 € | ||
SANEAMENTO EN O CAEIRO | 471.903,45 € | ||
SANEAMENTO AS ABAS – PORTO DE EIRAS | 320.564,16 € | ||
SANEAMENTO EN ATIOS-PONTELLAS E MOSENDE | 196.182,49 € | ||
SANEAMENTO EN FONTELIÑO | 45.639,95 € | ||
SANEAMENTO EN CARBÓN – RIAL | 473.575,11 € | ||
SANEAMENTO EN SAN ROQUE – A AREEIRA | 21.611,35 € | ||
SANEAMENTO CAMIÑO MIRAFLORES E ASFALTADOS | 120.009,65 € | ||
PROXECTO DE SANEAMENTO EN A GRAÑA E SEQUEIRAS | 742.300,60 € | ||
SANEAMENTO EN PENEDO – O TOXAL. CHENLO | 505.136,17 € | ||
SANEAMENTO EN BENUNES | 538.529,12 € | ||
SANEAMENTO EN REGA DA LAMA | 62.658,93 € | ||
SANEAMENTO EN ABELENDA E FIGUEIRAS | 120.140,31 € | ||
TOTAL | 11.899.632,68 € |