O Porriño, 10 de xullo de 2025.- O Concello do Porriño informa que, con motivo da celebración de Porrigalia 2025, e máis concretamente para a montaxe do escenario do concerto previsto para as 23:45 horas do sábado 12 de xullo, será necesario aplicar restricións de tráfico e estacionamento na zona centro da vila.
A partir das 15:00 horas do sábado 12 de xullo, procederase ao corte do tráfico rodado na rúa Domingo Bueno, no tramo comprendido entre a intersección coa rúa Pío XII e a intersección coa Avenida de Galicia. Esta medida adoptase co obxectivo de garantir a seguridade das tarefas de montaxe e a correcta organización do evento.
Así mesmo, prohíbese o estacionamento de vehículos no mesmo tramo, tamén desde as 15:00 horas do sábado 12 de xullo.
Desde o Concello do Porriño agradecémoslles a colaboración e comprensión e lembramos que se trata dunha medida temporal destinada a favorecer o desenvolvemento seguro dun dos eventos máis destacados do verán na nosa vila.