O Porriño, 3 de xullo de 2025 – O Concello do Porriño informa á veciñanza de que, con motivo da celebración da 58ª edición do Rallye Rías Baixas, quedarán habilitadas restricións de estacionamento na vila durante a xornada do sábado, 5 de xullo.
A organización do evento instalará a zona de reagrupamento nas inmediacións do Pavillón Municipal.
Estará prohibido aparcar e estacionar nas seguintes zonas:
-
Contorna do Pavillón Municipal do Porriño
-
Rúa Doantes de Sangue, no tramo comprendido entre a Avda. Antonio Palacios e a Rúa Fernández Areal
O Concello agradece a colaboración e comprensión da veciñanza.