O Porriño, 1 de xullo de 2025.- O Concello do Porriño informa á veciñanza que, debido ás obras no pavimento da rúa Pío XII, dende mañá, mércores 2 de xullo, produciranse cortes no tráfico rodado nas rúas Pío XII e Fontevella. Os cortes manteranse ata a finalización das obras.
Co obxectivo de facilitar o acceso á zona afectada, habilítase provisionalmente a circulación en dobre sentido na rúa Fernández Areal, dende a rúa San Sebastián, coas seguintes finalidades:
-
Permitir o acceso aos garaxes da rúa Fontevella
-
Facilitar as operacións de carga e descarga comercial
O Concello pide á cidadanía que extreme a precaución ao circular pola zona e agradece a comprensión e colaboración durante o desenvolvemento destas actuacións.