O Concello do Porriño vén de solicitar unha subvención de 32.000.00 euros para a sustitución das luminarias do alumeado público das zonas peonís existentes nas denominadas Fases I e IV da urbanización de Torneiros por luminarias LED co fin de acadar un aforro enerxético e unha mellora na seguridade do tráfico de vehículo e peóns.
A execución deste proxecto ascende a 48.286,24 euros. En caso de recibir a subvención por parte da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, cuxo importe sería financiado sería con cargo as subvencións da liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2025, o Concello asumiría os 16.286,24 euros con cargo a fondos propios.
Con esta actuación, o Concello do Porriño busca mellorar a seguridade viaria e a calidade do servizo de alumbrado público, adaptándoo ás necesidades reais da cidadanía; optimizar os niveis de iluminación, garantindo unha correcta visibilidade e contribuido a seguridade cidadá; incrementar a eficiencia energética do sistema de alumbrado, substituíndo equipos obsoletos por tecnoloxías de baixo consumo; reducir os custos operativos asociados tanto ao consumo eléctrico como ás tarefas de mantemento preventivo e correctivo; contribuír á mellora medioambiental mediante a succión da contaminación lumínica e a optimización do uso dos recursos naturais; e fomentar a sensibilización ambiental da poboación, promovendo actitudes responsables en materia de eficiencia energética e conservación ambiental.
Con esta reforma conseguirase reducir significativamente o consumo eléctrico asociado á iluminación pública; diminuír a emisión de gases de efecto invernadoiro ao substituír o consumo de enerxía fósil por tecnoloxías eficientes; mellorar a seguridade cidadá, ao garantir unha iluminación pública eficiente e adaptada ás necesidades do entorno urbano; e contribuir á mellora da calidade de vida, proporcionando espazos públicos mellor iluminados e máis seguros.
A renovación do alumbrado público nas fases I e IV da urbanización de Torneiros representa unha intervención estratéxica que responde ás directrices do Fondo de Compensación Ambiental 2025 e ás prioridades do Concello de O Porriño en materia de eficiencia enerxética, sostibilidade e mellora da calidade de vida da cidadanía. Esta actuación permitirá modernizar unha infraestrutura esencial, mellorar o servizo prestado á veciñanza, optimizar os recursos públicos e contribuír de forma efectiva á conservación do medio ambiente e á mitigación do cambio climático, consolidando un modelo de xestión municipal sostible e responsable.