A Concellería de Sanidade, que dirixe Teresa Veloso, en colaboración coa OMIX do Porriño e a financiación da Consellería de Sanidade,  impulsan o Programa de Prevención Selectiva do consumo de drogas no ámbito educativo. Baixo o lema `NON PASA NADA, PASA ALGO´ traballará co alumnado de 4º da ESO e Formación Profesional Básica dos centros educativos de Mos e O Porriño.

“O obxectivo principal desta iniciativa é proporcionar á mocidade ferramentas efectivas para evitar adiccións, fomentando un crecemento saudable e consciente”, explicou a concelleira, “Para iso, o Concello estableceu unha colaboración coa Asociación Alborada, que achegará a súa experiencia na prevención de condutas adictivas”.

Ao longo do programa, abordaranse temas cruciais como o consumo de alcol, tabaco e bebidas enerxéticas. Ademais, ofrecerase formación ao servizo de orientación dos centros educativos para asegurar un enfoque integral na prevención.

O programa estruturarase en dúas partes: unha fase inicial que incluirá sesións co persoal docente e as familias para analizar os problemas existentes nos centros, e unha segunda fase que consiste en talleres interactivos cos adolescentes nas aulas, onde se detectaron problemas relacionados co consumo de drogas. Durante estas sesións, trataranse conceptos clave sobre adiccións, así como temas relevantes como o xénero, a adolescencia e os factores de risco e protección.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, visitou hoxe xunto coa concelleira o IES Ribeira do Louro, onde o  equipo de profesionais de prevención da Asociación Alborada imparte unhas das charlas catro charlas presenciais dirixidas. Ademais do alumnado, tamén se traballará co equipo de orientación, para garantir unha atención personalizada e adaptada ás características dos destinatarios.

“A prevención nas aulas é clave para evitar que a mocidade caiga no consumo de sustancias e conductas adictivas, é necesario brindarlles a información adecuada e as ferramentas necesarias, proporcionarlles alternativas de ocio saudables, e sobre todo, darlles o apoio emocional e social que necesitan para tomar decisións responsables”, concluíu o alcalde.