O Concello do Porriño, a través da Concellería de Festexos e Cultura, abre o prazo para que as ANPAS dos centros educativos e as asociacións culturais do municipio poidan inscribirse na tradicional Cabalgata de Reis, que terá lugar o próximo domingo 5 de xaneiro de 2025.
A Cabalgata de Reis, un dos eventos máis esperados das festas de Nadal no Porriño, contará con tres carrozas reais acompañadas de dúas de paquetaría e do tren do Nadal, que percorrerán as rúas da vila para levar a ilusión a nenos e maiores. Este ano, as ANPAS e asociacións culturais poderán optar a premios en función do número de participantes que leven á cabalgata.
Requisitos e bases da convocatoria
As ANPAS e asociacións culturais do Concello do Porriño que desexen participar deben contar cun mínimo de seis compoñentes (entre nenos e adultos) e un máximo de 16, con 8 nenos e 8 adultos por grupo. A inscrición estará aberta ata o 20 de decembro de 2024, sendo imprescindible presentar a documentación establecida, que inclúe a fotocopia do CIF da ANPA ou asociación, unha declaración responsable de non ter débedas tributarias nin coa Seguridade Social, así como o certificado orixinal da conta bancaria da entidade.
A inscrición poderán realizarse de forma telemática a través da sede electrónica do Concello. O número total de prazas está limitado a 76, polo tanto, as ANPAS e asociacións culturais interesadas deben formalizar a súa inscrición o antes posible para garantir a súa participación.
Premios e recompensas
O Concello do Porriño destina un total de 3000 euros en premios para as ANPAS e asociacións culturais que participen na Cabalgata de Reis. Os premios serán os seguintes:
- 300 euros para ANPAS ou asociacións culturais con entre 6 e 10 participantes.
- 450 euros para ANPAS ou asociacións culturais con entre 11 e 16 participantes.
DESCARGA AS BASES NA SEGUINTE LIGAZÓN: