A Concellería de Vías e Obras do Concello do Porriño traballa na posta a punto dos centros educativos aproveitando as vacacións estivais. Operarios municipais realizan diversas actuacións de mantemento e mellora para todo esté listo para a volta ao cole, o próximo 11 de setembro.
No CEIP Plurilingüe de Atios reparouse o peche perimetral con reixa e malla de ocultación, o derribo e construción dunhas escaleiras máis adaptadas á altura da cativada; e na zona interior, a reparación dos aseos e a sustitución dun urinario e cambio de luminarias.
O CEIP da Cruz de Budiño tivo intervencións de mantenemento e limpeza de canalóns, reparouse unha porta no pavillón de deportes e cambiáronse as luminarias.
Houbo traballos de xardinería no CEIP Plurilingüe Xoxé Fernández López, entre o edificio de infantil e a zona do comedor do edificio principal, onde estaban os depósitos de gasoil. Tamén se cambiaron as luminarias que o precisaban.
O CEIP Plurilingüe Antonio Palacios comeza o curso cunha nova rede de proteción no peche do pavillón aberto, as baixantes reparadas, e con todas as luminarias funcionando.
No CEIP Plurilingüe da Ribeira modificouse o peche perimetral do parque infantil e reparáronse elementos de xogo. Houbo tamén traballos de pintura en todos os bancos do recinto e reparouse a porta lateral. No interior, repoñéronse as luminarias necesarias.
O IES Pino Manso conta este curso con dúas fontes de auga potable no patio exterior e unha rampa de acceso para persoas con mobilidade reducida na porta posterior do recinto que facilita o acceso desde a zona do pavillón. A marquesina foi retirada e adaptouse o valo do perímetro de peche para unificalo co resto da área.
A maiores, estase acondicionando a xardinería e os patios de todos os centros educativos.
O alcalde, Alejandro Lorenzo, comenta que “a educación é un dos eixos fundamentais para que unha sociedade prospere, por iso desde o Concello facemos o que está na nosa man para manter os centros educativos nas mellores condicións posibles”.