Máis de 300 ciclistas déronse cita este sábado nas vibrantes rúas do centro do Porriño para participar na clásica “A Nocturna”, un evento que desde hai 54 anos abre a programación das Festas do Cristo. A competición, organizada polo Club Master Louriña en colaboración co Concello do Porriño, tense consolidado como unha das probas ciclistas máis emocionantes do calendario nacional. A competencia é dura, pero o apoio do público motiva aos participantes para dar o mellor de si. Unha carreira intensa na que cada volta é un desafío.
O triunfo na absoluta masculina foi para Miguel Pérez, do conxunto moañés High Level-GSport. O podio completouno o seu compañeiro de equipo Ricardo Martín Buba e pechouno Octavio Iván Salmón, do Retelec-Ambilamp.
Na absoluta feminina, Natalie Revelo, do equipo portugués Matos Mobility – Flexaco Cycling Team, alzouse coa vitoria. O segundo lugar foi para outra ciclista do conxunto luso, Agostina Reyes e o terceiro para a local, Chus Barros, do Supermercados Froiz quen tamén demostraron un gran nivel.
A competición desenvolveuse ao longo da tarde e estendeuse ata ben entrada a noite. Ás 16:00 horas, deuse a saída ás primeiras categorías. Son un total de 22, o que converte a “A Nocturna” na única proba ciclista de España que abarca todas as categorías. A carreira, ao estilo americano, eliminou corredores en cada volta, mantendo aos espectadores en pé ata o final.
Nas principais categorías impuxéronse Marcos Pérez e Agostina Reyes Perdomo, en Sub-23, Aarón Areas e Antía Torres, en infantil, Anxo Delgado e Irene Signo, en cadete, e Ignacio Manbran e Natalie Revelo, en Junior.
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, expresou a súa satisfacción pola alta participación e o ambiente que unha vez máis se xerou en “’A Nocturna” xa que non só é unha proba deportiva, senón unha tradición que os porriñeses vivimos con emoción”. E quixo mostrar o seu agradecemento ao Club Master Louriña e a todos os voluntarios que a fan posible cada ano.