A piscina municipal reabre a súas portas o vindeiro luns día 2 de setembro no seu horario habitual.
As actividades programadas da piscina son as habituais: cursos de natación para bebés, cativos/as e adultos/as e aquagym, ademais do baño libre. Os socios poden utilizar libremente a sala de cardio sita no primeiro andar. Tamén se ofertan clases de pilates e ximnasia de mantemento.
As clases de ximnasia de mantemento e os cursos de natación e aquagym retoman a actividade o mesmo día 2; e as clases de pilates, o día 3. Os nenos e os bebés que asistiron durante o mes de xuño a curso, salvo que se desen de baixa por escrito con anterioridade ao día 25 de agosto, teñen reservada a súa praza os mesmos días e horas que tiñan en xuño.
Xa está aberto o prazo de matrícula para aqueles cursos nos que haia prazas libres.
Os horarios da piscina, as actividades e as tarifas poden consultarse directamente na web www.piscinamunicipaldoporrino.com. Asemade, pódese solicitar información no teléfono 986 34 44 20 ou no correo electrónico info@piscinamunicipaldoporrino.com.