O Concello do Porriño, xunto coa Xunta de Galicia e a  Deputación de Pontevedra, presentou hoxe o cartel completo do Negrita Music Festival que terá lugar na vila do Louro os días 13 e 14 de setembro. Na presentación do evento estiveron presentes o alcalde, Alejandro Lorenzo, a Directora Xeral de Xuventude, Lara Meneses, a delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, oconcelleiro de Cultura, Bienvenido Estévez, e Manuel Garrido, da productora Leitmotiv Producciones. JC Reyes e Maka, dúas das figuras máis aclamadas do noso país, serán os cabezas de cartel deste evento que conta cos artistas máis relevantes de música urbana a nivel nacional, como Hard GZ, Recycled J ou Maikel Delacalle, entre outros.

A xira española do Negrita, elixiu O Porriño por segundo ano consecutivo para a súa edición en Galicia. Tras visitar cidades como Alicante, Salamanca, Barcelona ou Simancas, e próximamente San Javier, Santander e Pamplona. O Porriño será o lugar de peche da xira 2024 e a organización espera superar os 14.000 asistentes do ano pasado.

JC Reyes é un dos cantantes con maior proxección e estilo propio, que fusiona reguetón, trap e drill con influencias de flamenco. O sevillano conta con máis de 9,2 millóns de ointes mensuais en Spotify e unhas 645 millóns de visualizacións na súa canle de YouTube.

Con 9,8 millóns de visualizacións no seu perfil de YouTube e máis de 1,6 millóns de ointes mensuais en Spotify, o cantante e compositor granadino Maka conta cunha traxectoria de 11 anos que segue atraendo pola súa personalidade humilde e a súa autenticidade. O Porriño súmase agora á lista de escenarios que o viron triunfar, como o Wizink Center de Madrid ou o Palau Sant Jordi de Barcelona, entre outros.

O cartaz do Negrita Music Festival o completan Hard GZ, Recycled J, Maikel Delacalle, Paul Thin, Lia Kaki, Pignoise, Soge Culebra, Lucho RK, Julieta, J Abecia, Denna, Alvama Ice, Parkineos, Amygdala, Anthony Godfather, Groove Amigos e Traffic House, ademais doutros DJs locais.

As entradas xa están á venda na web do Negrita Music Festival e, en función da disponibilidade, poderanse mercar tamén na taquilla os propios días do evento.

“Ninguén se pode perder esta oportunidade de ver as mellores actuacións dos grandes festivais, que están accesibles aquí, para o pobo do Porriño e os alrededores”, comenta Manuel Garrido. Pola súa banda, Alejandro Lorenzo salienta que “este festival atrae á nosa mocidade, á do Porriño, a contorna e de toda Galicia. Somos un concello con actividades para toda a veciñanza, e que o Negrita se celebre aquí por segundo ano consecutivo é sinal da boa organización e da boa acollida que tivo o ano pasado. Un evento que sitúa a nosa vila no mapa nacional e que esperamos que se siga repetindo ao longo dos anos”.