A praza arquitecto Antonio Palacios acolle este domingo 4 de agosto, a partir das 21 h, unha das actividades adiadas de Porrigalia por mor da choiva.
Trátase da obra de teatro “Divertimento Puerilis”, do grupo Teatro Fontevella da compañía Atrezo Teatro.
A peza está ambientada no día da «primae petrae collocation» da calzada romana XIX, que hai desde Lucus Augusta ata Conimbriga e pasa por Porrinium e Tude.
Para o evento desprázase desde Roma Gaius Lulius Caesar Octavianus Agustus e a súa muller Livia, e como pasa por Porrinium móntase unha festa ao grande, postos de comida, de bebida, de pan de O Porrinium, cegas de pedir polos camiños… ata hai unha mani. Un espectáculo para que toda a familia pase un bo ratiño nesta noite de verán.