O día grande de San Bieito no Porriño recauda 362 euros na súa tradicional subasta benéfica, que este ano destina o recaudado á AECC do Porriño. As puxas polo racimo do Santo acadaron 100 euros. Os piques entre os participantes da subasta son un espectáculo en sí e non faltan tampouco nos outros artículos subastados, como prantas, ovos ou aceite.
A subasta tivo lugar ás 14h da tarde, despois da misa solemne, a procesión polos barrios de San Bieito e San Sebastián, e da actuación da Banda Muncipal de Música.
Pola tarde continúan os festexos coa actuación de Os Zoqueiros e a Orquesta Tango. O DJ Khris Guez pechará o San Bieito deste ano cun espectáculo para todos os públicos. O porriñés, con máis de 15 anos de experiencia, recorda os seus inicios no Tubular do Porriño, no que pichou durante 5 anos. Hoxe en día, é un dos DJs máis importantes de Galicia e unha figura habitual no cartaz do Louro Valley. Khris Guez comenta que ven “para poñer o broche final das festas de San Bieito. Que veña todo o mundo a bailar esta noite!”.
O alcalde, Alejandro Lorenzo, salienta “o ambente festivo nas rúas que están colmadas de xente. A festa de San Bieito atrae á veciñanza do Porriño e doutros municipios. E mañá comeza a Porrigalia… Quedan moitos días de festa que esperemos que culminen co triunfo da selección española”.