O pavillón de deportes do CEIP Fernández López, pertencente ao complexo deportivo do Pavillón Municipal do Porriño, fará obras de ampliación e mellora da súa accesibilidade no abeiro do Plan extraordinario de infraestructuras deportivas (PEID) da Deputación de Pontevedra.
A Deputación contribuirá con 120.974,93 euros, un 77%, e o Concello asumirá os 36.111,65 euros restantes do orzamento total, que consiste en 157.086,58 euros.
As obras consistirán, por unha banda, nunha ampliación do pavillón, mediante a demolición da grada existente e de parte da fachada sur para conseguir unha maior dimensión do terreo de xogo, acorde coas medidas e tamaño reglamentario exixido polas federacións deportivas, e poder albergar así competicións e eventos oficiais de baloncesto, balonmán e tenis. Esta ampliación do pavillón tamén contempla a construcción dun baño adaptado para persoas con mobilidade reducida.
A parte exterior do pavillón e a cancha ao aire libre reformaranse para evitar humidades, e se colcará unha barada de vidrio no acceso á cancha da grada que se vai demoler, como elemento de protección de desniveis.
Tamén vaise construir unha rampa que permita a comunicación entre o colexio, a cancha exterior ao aire libre, o espazo público exterior e o interior do pavillón, coa incorporación de pasamáns e barandas adaptadas a persoas con mobilidade reducida.
Por útlimo, na zona este do pavillón, vaise engadir unha zona verde duns 800 metros cadrados, que permitirá esa mellora importante para o colexio Fernández López.
Alejandro Lorenzo, alcalde do Porriño, sinala que “esta é unha obra moi necesaria para que, tanto o alumnado do Fernández López, como o resto da veciñanza, poidan ter unhas instalacións deportivas de calidade e adaptadas a todos e todas. E, ademais, sirvan para competicións oficiais de varias disciplinas deportivas”.