Hoxe no Porriño, con motivo dos festexos de San Bieito, terá lugar a partir da media noite o Mano de Santo DJ Festival, un evento de balde que conta con Selecta, como cabeceira de cartel, e os DJs porriñeses Groove Amigos, Samu Pexe e Pitty.

Selecta é un dos productores chave do panorama urbano nacional, con máis de 750.000 oíntes mensuais e máis de 150 millóns de reproduccións en Spotify. Destacan as súas produccións para artistas como Recycled J, Natos y Waor, Easy-S, Israel B, JC Reyes, Cruz Cafuné, Don Patricio ou DUKI.

DJ Selecta

Groove Amigos, o nome artístico de André Vázquez, é o DJ galego máis internacional, con actuacións en máis de 35 países ao redor do mundo. Nado no Porriño, confesa que “actuar na vila na que un pertence é todo un orgullo. Acercar unha das miñas actuacións aos meus amigos e familia é un pracer enorme”.

Os outros DJs locais, Samu Pexe e Pitty, son uns dos DJs galegos máis en forma neste momento xa que están actuando nos principais festivais de Galicia. Serán os protagonistas do “un contra un”, unha modalidade da música electrónica na que os dous artistas suben ao escenario de forma simultánea para medirse nun duelo musical.

O festival contará cunha grande producción musical a cargo de A Gramola, un dos escenarios máis solicitados de Galicia.

O baile e a diversión están asegurados no Mano de Santo, ao que Groove Amigos lle augura “un gran éxito nesta primeira edición do festival”.

Alejandro Lorenzo, alcalde do Porriño, conta cunha “asistencia masiva na praza de San Sebastián con motivo do festival e as actuación previas do Trio Azar e a Orquesta Capitol. Vai ser unha noite grande a de hoxe, pensada para o disfrute da veciñanza de todas as idades”.