O Concello do Porriño celebra San Bieito, unha das súas festas patronais, o días 10 e 11 de xullo. Esta mañá presentouse a programación dos dous días de celebración, da man do alcalde, Alejandro Lorenzo, e o concelleiro de Festas, Bienvenido Estévez, acompañados por Ramón Moreira, da Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián, e o DJs Samu Pexe e DJ Keva.
A programación comezará o mércores día 10 de xullo a partir das 20.30 h na praza de San Sebastián coas actuacións do Trio Azar e a Orquesta Capitol. De seguido, sobre a media noite, darase paso a música DJ co Mano de Santo DJ Festival, a gran novidade deste ano. A sesión DJ contará coa participación de Selecta, un dos productores clave da escea urbana nacional, Groove Amigos, e o un contra un -B2B- entre Samu Pexe e Pitty.
O xoves día 11, propio día de San Bieito, celebraranse misas na Capela ás 9:00 e 10:00 h. A misa solemne as 12:00 h na Igrexa Santa María, coa participación da Coral da Escola Municipal de Música, seguida da Procesión, acompañada pola Banda Municipal de Música. Ao finalizar, a Banda dará un concerto no barrio de San Bieito e terá lugar unha subasta benéfica para a AECC do Porriño.
Xa pola tarde, a partires das 19:30 h, actuará a banda de gaitas Os Zoqueiros. Ás 20:00 h terá lugar outra misa na igrexa de Santa María. E a velada continuará coa actuación ás 21:30 h da Orquesta Tango para rematar co DJ Khris Guez.
Alejandro Lorenzo invita a toda a veciñanza “a disfrutar destes días de festa no barrio de San Bieito, punto de encontro dos porriñeses e porriñesas cada verán, e ledicia dos visitantes”.