Continúan as obras de reacondicionamento da praza de abastos do Porriño, que contará con varias fases para modernizar as instalacións e a súa contorna.
Nesta segunda fase, estáse a substituír a zona da carpintería metálica opaca na parte alta dos laterais de dúas fachadas por grandes ventanais con carpintería de aluminio, que permitirán unha maior entrada de luz natural ao tempo que proporcionarán maior illamento térmico e acústico. Está previsto que estas obras rematen nun mes.
O alcalde, Alejandro Lorenzo, comenta que “a luz natural nun espacio pechado é algo moi valorado por todos os usuarios e usuarias, e esta mellora da praza de abastos axudará a darlle máis luminosidade aos postos deste punto neurálxico do comercio da comarca”.
A primeira fase do acondicionamento da praza de abastos concluíu a mediados de marzo, cando se reabriron as portas despois dun mes de obras nas que se renovaron o pavimento, a fontanería e a instalación eléctrica, e se repararon os danos da estructura.