O vindeiro luns 1 de xullo comenzará o Campamento de Verán organizado pola Concellería de Igualdade do Concello do Porriño dirixido aos máis pequenos e pequenas da casa, de idades comprendidas entre os 3 de 12 anos.
O lugar de entrega e recollida dos e das participantes será na porta principal do Colexio CEIP Fernández López. A entrega será as 8:45 horas e a recollida ás 14:00 horas.
Equipamento dos rapaces e rapazas
Os rapaces e rapazas deberán levar ropa e calzado cómodos, unha mochila con calzado de reposto, unha merenda e auga, sendo obrigatorio que todos e todas as participantes vaian con crema solar e gorra.
No caso de precisar algunha vestimenta ou complemento diferente, como bañador, toalla, ou calzado para piscina, serán os propios monitores e monitoras quen o comuniquen.
Persoas autorizadas para recoller os nenos e nenas
As únicas persoas autorizadas para entregar e recoller aos rapaces e rapazas do Campamento de Verán serán as que instaron a solicitude. En caso de ser outra persoa a encargada, ésta, deberá ser maior de idade e levar xunto aos monitores e monitoras a autorización correspondente asinada; achegando os D.N.I. da persoa autorizante e autorizada.
Publicada a listaxe de admitidos no campamento de verán 2024
Pódese consultar aquí a listaxe de admitidos no campamento de verán 2024 do Concello do Porriño.