Uns 200 estudantes de 6º de Educación Primaria do Porriño visitaron as instalacións da escola de motociclismo do IKERIC RACING Sport Galicia. Foron un total de seis visitas nos días 17, 18 e 19 de xuño organizadas pola concellería de Educación xunto coa propia escola deportiva, coa finalidade de acercar o motociclismo á rapazada e despertar o interese nesta disciplina deportiva.
O alumnado participante coñeceu a Iker Rodríguez, o piloto porriñés segundo clasificado no Campionato de España de Superbikes (ESBK) na categoría Moto 4, que lles ensinou as instalacións, incluida a pista multipropósito de 25.000 metros cuadrados, e todos os servizos e cursos de diferentes niveis cos que conta a escola, así como coñecer as competicións e eventos que o IKERIC RACING Sport Galica leva a cabo durante todo o ano.
Os nenos e nenas puideron ver as motos empregadas nas competicions e entrenamentos, e probar o material de protección, como monos e cascos.
A escola de pilotos naceu froito da paixón polo motociclismo de competición e para cubrir a necesidade de contar en Galicia cun proxecto a escala internacional para a apredizaxe deste deporte.
As actividades que ofrece a Escola de Motociclismo bríndanlle ao alumnado a oportunidade de poñer en práctica o aprendido nestas visitas e mellorar as súas habilidades nunha contorna competitiva e emocionante, vivir a paixón pola competición ao mesmo tempo que disfruta dunha experiencia única.
O alcalde, Alejandro Lorenzo, visitou hoxe as instalacións xunto con varios dos grupos e animouse a probar xunto a Iker o circuíto. “É un luxazo poder aprender de Iker, ninguén mellor que el para que os nenos e nenas descubran este deporte e quen sabe, igual algún deles descubre que o motociclismo é a súa paixón e o máis, importante, que pode practicalo no Porriño”.