A Asociación de Comerciantes e Industriais de Porriño (ACIPOR), en colaboración do Concello do Porriño, pon en marcha a campaña “Adianta o verán” coa que pretenden incentivar as compras no comercio local entre os días 1 e 20 de xuño.

As persoas que merquen ou consuman nos establecementos asociados a ACIPOR nas datas da promoción, recibirán un rasca, co que poderán gañar diferentes premios, que consisten en: 5 tarxetas regalo MOREA de 20€, 130 bolsas neveriñas e 130 bolsas de praia. Os premiados e premiadas, deberán presentar o rasca xunto co ticket de compra para poder recoller o seu premio ata o día 22 de xuño.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, presentou a campaña xunto coa presidenta de Acipor-CCA Morea, Juana Pérez, e unha representación dos comerciantes convidando á veciñanza do Porriño e dos comercios da contorna a visitarnos e facer as súas compras no Porriño, onde poderán atopar todo o que precisen.