Atendendo á demanda do CD San Salvador de Budiño e dos usuarios e usuarias do campo de fútbol de Budiño, o Concello do Porriño acometeu melloras na cantina do campo das Reloas.

En concreto instalouse unha pérgola de avance da cantina e reparouse a barra. A nova cuberta consta dunha estrutura de perfilería galvanizada, con cuberta de chapa de 30 mm de espesor, nunha base irregular de 5100 mm de ancho nun extremo e 3800 mm no outro e dez metros de largo.

Ademais repuxéronse as baldeiras da barra, substituíndose por unha de aluminio soldado. Os traballos supuxeron unha inversión de preto de 9.000 euros de fondos propios do Concello do Porriño. “Estas melloras eran moi demandadas tanto polo club de fútbol como polos deportistas e persoas que fan uso destas instalacións”, concluíu o alcalde, Alejandro Lorenzo, “O de Budiño é un club cunha gran afección e moita actividade, desde o Concello mantemos a nosa aposta pola práctica deportiva e contribuiremos a que poida desenvenvolverse nas mellores condicións”.