A unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue volve ao Porriño esta semana. Será o venres 9 de febreiro, de 10 a 14:30 h e de 16 a 21 h, e o sábado 10 de febreiro, de 10 a 15 h. Situarase na súa ubicación habitual na avda. Domingo Bueno, xunto ao Centro Cultural.
A demanda de abastecemento de sangue é contínua nos hospitais e, polo tanto, tamén o é a necesidade doazón do mesmo. En Galicia precísanse entre 400 e 500 doazóns diarias para cubrir as necesidades dos nosos hospitais, de aí a importancia de acudir a doar.
“É un acto de xenerosidade e empatía que non nos leva nada de tempo nin supón ningún risco pero salva moitas vidas”, apuntou a concelleira de Sanidade, Teresa Veloso. A edil fixo un chamamento á veciñanza a achegarse á unidade móvil de ADOS e agradeceu de antemán a “solidaria resposta dos porriñeses e porriñesas coa doazón”.