A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, mantivo este mércores unha xuntanza de traballo co alcalde, Alejandro Lorenzo, e parte do equipo de goberno do Porriño.
A representante autonómica e o rexedor abordaron os temas relacionados coa administración galega e que son prioritarios para o concello en materia de saneamento, cultura ou educación, entre outros. Así, durante a xuntanza fixeron repaso dos proxectos e necesidades que dependen da Xunta e estableceron unha folla de ruta para o traballo conxunto