O Concello do Porriño, xunto ao Consorcio de Augas do Louro, acomete estes días obras de mellora da rede de saneamento da Avda. de Galicia para poñer fin ao problema de inundacións que os veciños dun dos inmobles, ubicado na transversal rúa Ourense, viñan padecendo dende hai case unha década.
“A rede de colectores existente neste tramo da Avda. de Galicia presentaba unha sobrecarga que causaba graves inundacións nos garaxes do edificio durante os episodios de fortes choivas”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “A veciñanza viña denunciando reiterada o prexuízo que esta situación lle estaba a causar, unha situación límite para eles tras moitos anos de incidencias, polo que acordamos executar estes traballos de maneira urxente con medios propios do Concello e do Consorcio”.
Os traballos consisten na execución dun desvío da rede que poñería fin ao problema de distribución que caudais que provocaba esta sobrecarga, co obxectivo de que a rede de colectores nese punto sexa capaz de absorber os caudais recollidos
A tal fin executarase un desvío do colector e un novo tramo, cunha lonxitude de 55 m que unirá a o outro pozo de rexistro máis próximo correspondente outro ramal. Ademais substituíronse 30 m de canalización da rede de abastecemento que se atopaba en mal estado.