O Porriño acolle mañá o regreso dun dos eventos musicais máis demandado, o “Louro Valley Festival”. O evento volve tras sete anos e o fai cun cartel de luxo: Maikel Delacalle, Groove Amigos, Traffic House, Khris Guez, Pitty, Diego Mariño e Samu Pexe.
O alcalde, Alejandro Lorenzo, presidiu hoxe a presentación oficial do evento nun acto que contou coa presencia da Directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, os concelleiros Bienvenido Estévez e Carolina González, e os DJs André Vázquez, de Groove Amigos, e Khris Guez.
“Retomar este evento despois de sete anos é algo que me emociona, xa que nace da ilusión e da iniciativa de artistas locais de primeiro nivel que apostan por facer no seu pobo un evento á altura dos mellores”, explicou o alcalde, “A mocidade e a veciñanza en xeral do Porriño merecen alternativas de ocio de calidade”.
No mesmo sentido se expresou André Vázquez, de Groove Amigos e un dos impulsores do festival que agradeceu o “respaldo do Concello do Porriño, que sempre apoia con especial agarimo estas iniciativas para que a xuventude do Porriño teña no seu pobo actuacións deste nivel que normalmente só se organizan en grandes ciudades” e tamén a disposición da Xunta de Galicia, e en concreto da dirección xeral de Xuventude que patrocina o evento, por “promover festivais como o Louro Valley e tender a man sempre para ofrecer o mellor”. “É un verdadeiro pracer estar aquí hoxe tras sete anos”, concluíu André.
Pola súa banda, a Directora Xeral de Xuventude, agradeceu ao alcalde que “tivese a ben facernos esta proposta que está pensada de xeito moi directo para que a mocidade poida ter unha alternativa cultural e de ocio no marco das súas festas e que ademais permite establecer dinámicas de amizade e compañeirismo que compre retomar tras a pandemia”.
O rexedor, concluíu agradecendo á Xunta de Galicia a súa colaboración xa que “sen eles non sería posible” e aos representantes do evento a “súa profesionalidade e empuxe”. “Só resta convidarvos a todos e todas a disfrutar do regreso do festival e decir ben alto: Longa vida ao Louro Valley e Longa vida ás Festas do Cristo”.
O evento celebrarase este venres 23 de setembro no exterior do Pavillón Municipal e a entrada é gratuíta. As portas abriranse ás 23:30 horas.