O Concello do Porriño vén de formalizar a súa colaboración co programa de formación “Galegas Dixitais”, cuxo principal obxectivo é mellorar as capacidades dixitais de mulleres que se atopan en situación de desemprego ou que simplemente queren mellorar a súa capacidade de empregabilidade, ademais de impulsar o emprendemento no Porriño e contribuír a reducir a fenda de xénero.
A actividade é totalmente gratuíta, xa que está impulsada Xunta de Galicia e financiada polos Fondos Europeos NextGenerationEU e o Plan de recuperación, transformación e resiliencia.
A formación agrúpase nos seguintes bloques temáticos:
• Competencias dixitais básicas con 40 horas de duración
• Competencias dixitais avanzadas con 40 horas de duración
• Competencias dixitais para o emprendemento con 40 horas de duración
O programa desenvolverase de luns a venres, en horario de 9h a 14h, no Multiusos de Torneiros. Dará comezo o 3 de outubro e finalizará o 14 de novembro.
Xunto co material didáctico, e co fin de facer posible o uso das novas tecnoloxías tras a formación, as participantes serán obsequiadas cun ordenador portátil co que poderán poñer en práctica todo o aprendido.
Para máis información pode contactar chamando 986 338 217 ou por whatsapp no 604 039 575.