O programa municipal de alimentos, SOS Porriño, que depende da concellería de Servizos Sociais, que dirixe Abel Estévez, vén de recibir 18.000 kg de alimentos da Cruz Vermella.
Trátase dunha das dúas achegas anuais que a organización social aporta ao banco municipal de alimentos no marco do programa de axuda alimentaria ás persoas máis desfavorecidas do Fondo de Axuda.
Recibíronse 2.586 caixas de alimentos non perecedoiros de primeira necesidade (aceite, alubias, arroz, cacao, conservas, leite, galletas, pasta, alimentación infantil…) que se destinarán ás 200 familias porriñesas usuarias deste servizo .
“Traballamos para atender a todo aquel veciño que o necesite e para iso é esencial a colaboración de administracións, entidades e empresas, así como de toda a cidadanía que cada vez que facemos un chamamento responde dándonos verdadeiras mostras de solidaridade”, explicou o edil, Abel Estévez.
O alcalde, Alejandro Lorenzo, puxo en valor o labor que se realiza dende o SOS Porriño destacando “o esencial deste servizo” e o compromiso do goberno local “de seguir impulsando o programa de alimentos para poder atender a todo aquel que o precise. A veciñanza do Porriño entende, e así o demostra cada vez que pedimos axuda, que todos e cada un de nós podemos precisala nalgún momento e que aí debe estar o Concello para prestala. Non queremos que ningunha familia da nosa vila que atravese dificultades se vexa desamparada e seguiremos traballando para que iso non pase”.