O Concello de Porriño organiza hoxe, dende a Concellería de Igualdade, coa ocasión do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero, varias actividades baixo o lema “O AMOR NON É VIOLENCIA”.
 
Esta tarde, a partir das 19:00h, dende a praza do Concello, farase un percorrido por catro camiños violentos, onde poderemos seguir as pegadas e as frases que a moitas mulleres lle acompañan no seu día a día.
Son frases machistas, expresións propias de relacións tóxicas e violentas. As frases, pegadas e o lema irán pintados no chan en cor lila. Até chegar a un panel que nos amosa un amor sa e unha relación de igual a igual entre persoas, onde se pode ver que O AMOR NON É VIOLENCIA.
 
Os murais instaláronse en lugares escuros, aínda que de moito tránsito: calexóns e accesos a aparcadoiros. Aparecen nas imaxes adxuntas.
As catro artistas convidadas para estas intervencións son:
Eva Casais, Gemma Marqués, Tamara Baz e Lorena Arévalo.
Asignarase a cada artista ou colectivo unha temática diferente:
. Percorrido 1. “amor adolescente”, Eva Casais
. Percorrido 2. “amor adulto con fillos”, Gemma Marqués
. Percorrido 3. “amor a unha mesma”, Tamara Baz
. Percorrido 4. “amor entre persoas do mesmo xénero”, Lorena Arévalo.
 
 
CICLO CINEMA 25N
Por outra banda a Concellería de Igualdade tamén organizou para esta tarde, ás 19 horas, unha sesión máis do ciclo Cinema 25N, financiado con cargo aos créditos recibidos do Ministerio de Igualdade, Secretaría de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero.
Trátase da proxección do filme “A Fonte das Mulleres”.
No Centro Cultural Municipal, con prazas limitadas.