Esta mañá comunicouse aos grupos políticos da corporación, a convocatoria do pleno municipal ordinario de abril que terá lugar este mércores 28, a partir das 18 horas.
Entre os asuntos máis salientables figura a moción que traslada o grupo municipal de EU SON para un plan de vixilancia ambiental sobre a actividade mineira na parroquia de Budiño.
E pola súa transcendencia económica, un suplemento de crédito, financiado con remanente de tesourería, por importe de 457.000 €. Unha parte desa cantidade (415.000 €), para abonar el servizo de recadación municipal delegado no ORAL. A parte restante, 42.000 € son para abonar facturas en cumprimento de sentenzas xudiciais.
Adxuntamos a orde do día da sesión.