As estimacións da organización apuntan que a sexta edición do Triatlón Concello de Porriño que se celebrará o vindeiro 8 de xuño, superará os 200 participantes, á vista de que hoxe en día hai máis de 150 inscripcións feitas. A inscripción estará aberta ata o 4 de xuño, é dicir, ata catro días antes da proba. Lembrar que se trata da sexta edición porque en 2018 non chegou a celebrarse ó decretarse a suspensión da mesma ó coincidir coa explosión de material pirotécnico en Paramos (Tui).
Este mediodía realizouse a presentación que estivo presidida pola alcaldesa Eva García, en representación do Concello de Porriño. Acudiu no nome do Concello de Tui, polo que transcurre unha parte da proba, Eduardo Freiría, concelleiro de Deportes. Tamén asistiron Gonzalo Triunfo, presidente da Federación Galega de Triatlón e Ignacio Tobarra, Comandante de Mariña de Tui, así como mandos da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Porriño que colaboran tamén na seguridade dos participantes e público.
A alcaldesa de Porriño deu as grazas á organización, de xeito moi especial ós voluntarios dos colexios de educación especial Aceesca e As Esclavas e “particulamente ós participantes, polo voso esforzo e sacrificio e pola ambición de mellorar que ó fin e ó cabo, o que se aprende de facer deporte”, manifestou.
Pola súa banda o presidente da Federación Galega de Triatlón ponderou que “esta é unha das probas populares considerada entre as mellores, o que supón unn mérito da organización”, sinalou Gonzalo Triunfo.
O Triatlón Concello de Porriño tén una sona especial en Galicia polas súas características técnicas e deportivas dado que inclue varias as transicións de Tui, no río Miño, onde a Comandancia de Mariña; na rúa Domingo Bueno en Porriño para deixar a bicis e finalmente na praza do Concello onde tamén rematará a carreira a pé.
O tramo de natación de 750 metros, desenrolase no Miño; o
tramo de bici é de 20 kilómetros e rematará na avenida Domingo Bueno e despois
o tramo de carreira a pé discurrirá polo centro histórico de Porriño ó longo de 5 kms con meta na praza Arquitecto
Antonio Palacios.
Nesta presentación do VI Triatlón Concello de Porriño actuou
de madriña a ciclista local Ana María Gónzalez Cuña, actual subcampeona galega
de BTT Master 40. Fora invitada polo Concello coa intención de render, na súa
persoa, unha homenaxe a todas as mulleres deportistas. Pola mesma razón, este
ano, a iconografía do Triatlón baseáse na cor morada.
Ana María Gónzalez está nun punto álxido da súa tempada, a piques de competir, de novo, polo título autonómico no Campeonato Galego de BTT Master 40 que se celebrará o vindeiro domingo 2 de xuño en Lalín. Ó mesmo tempo está competindo no circuito de 5 probas da “Taça de Portugal”, onde gañou a celebrada en Estremoz e quedou segunda nas outras dúas. Ana María compite enrolada no equipo madrileño “Mito-X Sauce-Berria” e vén de ser galardoada pola Federación Galega de Ciclismo polo recente subcampeonato de España feminino en BTT XCM Master 40. Ana María animou “a todos e todas cantos o desexen a inscribirse e participar, hai que perderlle o medo e disfrutar dunha proba e das paisaxes polas que transcurre o percorrido”, dixo.