Desfiles, música e moito máis é o que ofrecerá a primeira edición da “Porriño Fashion Weekend” que se desenvolverá dende o venres ata o domingo.
Este evento, que convertirá a vila nunha gran pasarela de tendencias, arrancará o venres 14 coa shopping Night, unha noite de comercio aberto na que os establecementos da vila abrirán tamén dende as 21 h e ata as 24 h. Unha noite de compras na que haberá tamén Djs, coctelería, sorteos e moitas propostas da man de comerciantes e hostaleiros.
O broche de ouro a esta primeira xornada será musical da man da orquestra Panorama que actuará a partir das 24 h na rúa Antonio Palacios (á altura do parque Ordóñez) e a continuación DJ DGrace.
A programación continúa o sábado 15 coq fashion Night. A partir das 19 h a rúa peonil transformarase nunha gran pasarela que mostrará as últimas tendencias en moda, peiteados e florería da man do comercio local. Zapatería, moda, roupa infantil e deportiva, complementos, peiteados, maquillaxe, vestidos de noiva e arreglos florais compoñen as propostas que lanzan os establecementos participantes.
A xornalista porriñesa, Raquel Atanes, será a encargada de presentar o desfile, que rematará coa música en directo de Manu Pereyra (en colaboración con Origen Café).
A música tamén clausurará a xornada coa sesión dj na praza da man de DJ Raper & Traffic House.
O domingo 16 desenvolverase o Fashion Market, un gran mercado que se instalará na rúa Leandro Diz a partir das 16 h.
Participantes: Addiction, Elisardo Moda, Ishop, Moda Click, Volvoreta, Zafiro, Topitos, Polisport, Mapa Porriño, Orevshop, Meigallo, Dana Shop, Brooklyn Moda, Suengas, Andreu, Noa, Zapatería Tic Tac, Minerva, José Vila Estilistas, Sencar Peluqueros, Blackbird, Xiada Costas, Merchy Díaz, Eliseo Peluquería, Ondas y Perfil, Dillarte, Abreu, Marisé, Xantar de Pepa, La de Chato, Nómadas, Scala, Francachela, Argentino 2, Hotel Parque, La Cueva, La Bendecida, El pincho, Origen, Underground, La bici, Bolboreta, Galibar, El cincuentaicinco, Safari, Ácronos e a Vinoteca.