Un total de 24 vivendas do barrio de A Gándara, en Torneiros, que ata hoxe eran usuarias da traída veciñal, poderán conectar coa Rede Municipal de Abastecemento en canto rematen os traballos que está a realizar nesta zona a Concellería de Vías e Obras.
O tenente de alcalde, Manuel Carrera subliña que “as veciñas e veciños desta zona poderán ter servizo de auga potable, logo dunha modificación orzamentaria impulsada dende o Goberno local, á que opúxose o Partido Popular”, dado que se fixera pouco tempo despois de que o Pleno aprobase os orzamentos municipais, os primeiros que ten O Porriño en seis anos.
Maila a esta oposición do PP, os residentes de A Gandara terán acceso ao saneamento municipal, “algo que era debía de facer este Goberno local e que será unha realidade a principios do mes que vén”.
Para que sexa así, vanse instalar 416metros lineais de tubaxe e se completarán 16 acometidas, que rematarán cuns traballos iniciados a principios de setembro e que contan cun orzamento de 36.000€.