
A Concellería de Deportes difunde un gráfico e as normas para utilizar os circuítos habilitados no paseo do río Louro para corredores e camiñantes
Unha vez coñecidas as franxas horarias e as medidas ditadas polo Ministerio de Sanidade para poder correr ou pasear segundo tramos de idade a partir do sábado día 2, a Concellería de Deportes difunde un vídeo descritivo dos circuítos habilitados no paseo do río Louro,…

Porriño adxudica a “Urbaser” o contrato de limpeza viaria e acorda adherirse ao Programa contra Velutina
Por maioría, a Corporacion local do Porriño acordou hoxe volver a adxudicar o contrato de limpeza viaria que agora será unha concesión que desempeñará a empresa “Urbaser S.A”. O acordo adoptouse con 14 votos favorables (PSOE+PP+EuSon+UDDL) e as abstencións dos dous concelleiros do BNG. Tan…

Once penados con condeas non privativas de libertade cumpriron 500 xornadas de traballos sociais no Concello do Porriño
Once penados con condeas que non implicaban cárcere cumpriron máis de 500 xornadas de traballo pola comunidade en diversas tarefas en servizos municipais do Porriño durante o segundo semestre do ano 2019.O Concello de O Porriño colabora co Centro de Inserción Social “Carmen Avendaño” de…

Unha prantación de 1.000 piñeiros rematará a restauración do terreo da antiga “Canteira Ferro” e a súa devolución ó Concello de O Porriño
“Porriñesa de Canteiras S.A.” (POCASA) realizará o vindeiro mércores 11 o acto final da restauración do terreo da “Canteira Ferro” despois de 6 anos de traballos para a súa rehabilitación e devolución ó Concello de O Porriño. A alcaldesa, Eva García de la Torre asistirá…

Convocado pleno municipal ordinario de novembro
A alcaldesa Eva García firmou esta mañá a convocatoria do pleno ordinario deste mes de novembro que se vai celebrar o vindeiro mércores 27 ás 18 horas. A orde do día ten nove asuntos máis rogos e preguntas. Presentase para a súa aprobación o pago…

Primeira reunión de traballo do equipo de goberno coaligado “moi constructiva”, segundo a alcaldesa
A alcaldesa Eva García presidiu esta mañá a primeira reunión de traballo dos seis concelleiros do goberno municipal de coalición formado por PSOE e BNG. Esta primeira reunión foi valorada pola alcaldesa Eva García como “fluída e moi constructiva”. A alcaldesa detallou que “puxemos en…