A Policía Local verificará que o acceso aos centros docentes sexa seguro no comezo das clases

Axentes da Policía Local do Porriño verificarán a partir de mañá xoves e durante uns días que o acceso a todos os centros educativos sexa conforme aos protocolos anti-Covid e se faga coas debidas garantías de seguridade e de xeito ordenado. Tamén se efectuará a…

A concelleira de Educación informou ás Anpas e grupos municipais dos preparativos para o regreso ás clases

Lourdes Moure, concelleira de Educación informou hoxe ás asociacións de nais e pais de alumnos da vila e aos representantes dos grupos municipais da corporación, dos preparativos para o regreso ás clases. Moure Varela trasladoulles os acordos que se adoptaron o pasado mércores, nunha reunión…

A concelleira de Educación revisou coas direccións dos centros docentes, os protocolos para a volta ás clases

  Lourdes Moure reuniuse hoxe cos directores de todos os centros docentes asentados no termo municipal cos que revisou os protocolos e preparativos para o regreso ás clases. A volta ás aulas comezará, de xeito escalonado, entre o vindeiro xoves 10 e o venres 11…

“Vodafone” gañou a nova licitación da telefonía do Concello e edificios de titularidade municipal

A oferta de “Vodafone” foi a mellor valorada entre as empresas de telefonía que presentaron plicas na licitación que ven de resolver e adxudicar a correspondente mesa de contratación celebrada polo Concello. A mesa, presidida pola alcaldesa e constituída polo secretario, interventora, xefa de contratación…

Concello e Deputación comprobaron as obras de reforma urbana na rúa Doantes de Sangue

A alcaldesa, Eva García e o primeiro tenente de alcalde, Pedro Pereira comprobaron hoxe, xunto cos deputados provinciais, Carlos López Font e Santos Héctor o desarrollo das obras de reforma urbana na rúa Doantes de Sangue. A actuación tradúcese nunha ampliación de beirarrúas, mellora da…

O Porriño acada a aprobación pola Unión Europea dun proxecto formativo sobre mocedade e cambio climático

Por primeira vez na historia deste municipio, o Concello do Porriño ven de acadar a aprobación pola Unión Europea dun proxecto formativo sobre mocedade e cambio climático. O anuncio realizouno Lourdes Moure, concelleira responsable de Proxectos Europeos que é unha competencia que se estrea neste…