@festivaldecans abre o venres día 25 unha retrospectiva das viñetas de @OBichero

O Festival de Cans inaugura o vindeiro venres, día 25 de maio, ás 8 e media da tarde, no ‘Cans Voulevar’ unha exposición retrospectiva  das viñetas de @OBichero, que retrataron o Festival durante os pasados anos.

@depo_es inicia as obras da glorieta do lugar da Costeira, na intersección de Cerquido-Budiño

A Deputación de Pontevedra vén de iniciar nesta semana as obras da nova glorieta de ordenación do tráfico no cruce  da intersección da estrada provincial EP-2405 Cerquido-Budiño con dúas vías municipais no lugar de A Costeira. Segundo explicou o deputado de Mobilidade Uxío Benítez, xa…

@festivaldecans pon este venres, día 18, á venta as derradeiras entradas para as proxeccións de curtametraxes

Mañá, venres 18 de maio, o Festival de Cans, que este ano conta coa meriande achega do Concello na súa historia, porá á venda no Torreiro de Cans as derradeiras entradas para acudir á proxección das curtametraxes a concurso desta edición e a algunhas outras…

Rematadas as obras na cuberta do Pavillón Municipal, anunciadas polo concelleiro de Deportes, e que supuxeron na práctica a reforma de todo o teito do mesmo

Tal  e como adiantara o tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Manuel Carrera, as obras de mantemento que precisaba a cuberta do Pavillón Municipal quedaron rematadas a finais do mes pasado logo de que “fose posible acometelas unha vez que as condicións climatolóxicas o…

A alcaldesa denuncia que os buses que fan o traxecto O Porriño-Vigo teñen no interior espazos reservados para cadeiras de rodas pero non contan cunha rampla que permita ás cadeirs subir aos mesmos

O Goberno local do Porriño vén de esixir á Xunta de Galicia que corrixa de xeito inmediato a actual situación que teñen que soportar os porriñeses con diversidade funcional que non poden empregar os autobuses de ‘Faibus’  para desprazarse de Vigo a O Porriño. A…

@festivaldecans, que este ano conta coa meirande achega do Concello na súa historia, reforza a súa programación infantil co ‘MiniCans’ máis completo

O Festival de Cans continúa nesta 15ª edición-na que a achega do Concello é a meirande da historia do certame- a súa aposta por atender a todos os públicos, e faino reforzando e ampliando MiniCans, a súa programación infantil. O entorno do Parque do Río…